Visita o Pazo

posted in: Bitácora, Photos | 1

        O Pazo data nas súas oríxes do S.XV, señorío de Mos pertencente á familia do Ducado de Soutomaior. Neste data cabe destacar a figura nobiliaria  e mítica de Pedro Madruga, Pedro  Álvarez de Soutomaior,  aínda que desposuído pola Corona tralo seu apoio na Guerra da Sucesión a Xoana a Beltranexa, os Reis Católicos devolverán os seus señoríos ó seu fillo, e así esta familia recuperará entre outros o chamado, séculos despois, Castelo de Mos.

        No século XIX o territorio foi esceario de duros enfrontamentos coas tropas napoleónicas, quedando en ruinas edificios emblemáticos e representativos da arquitectura gallega como o Pazo de Mos, íntimamente ligado á historia do concello. Pódese atopar unha intensa actividade cultural na nosa como entidade socio- cultural que fomenta, enriquece e coida a nosa cultura musical e tradicional. Ao longo do ano pódese gozar de diferentes eventos culturais e festivos como o Festival Intercéltico, Certamen de Rondallas, Festa da Rosa, Festa Gastronómica do Codillo.

Foi no ano 1836 cando se delimita o termo municipal actual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *