Dada a situación de excepcionalidade na que nos atopamos, provocada polo COVID-19, queremos comunicar respeto as nosas actividades o seguinte:
Esperamos que esta medida contribúa a unha pronta restitución da normalidade e agradecemos a súa colaboración en aras de favorecer o ben e interese público. #NósQuedamosnaCasa
Promoción Cultural
Case tódalas actividades que se levan desenvolvendo estos anos están organizados íntegramente por unha soa entidade, o Círculo Cultural e Deportivo, convencidos de promover a cultura en na innovación social.
Nós como fundación entidade principal que aúna as vontades dos seus patróns realizamos actividades puntuais, marco dos fins e obxectivos que se persiguen, a dinamización integral do territorio.
Cursos en Marzo
Programa TEMPO DE LECER
Introducción a Cestería– 20horas
Cortura e patronaxe– 20horas
Iniciación ao Inglés– 20horas
- O custe é 20,00€ e non inclúe material.
- O prazo de incrición, unha semana antes do comezo.
- Grupos reducidos.
- Subvencionado.
Cursos en Setembro
Programas DEPO EN MARCHA E CONECTADAS
Horario de mañá– Iniciación artesanía en coiro
Horario de tarde– Conservas artesanais
- A duración dos cursos é de 35h.
- O prazo de incrición remata en xuño.
- O custe é de 6,00€ e non inclúe material.
- Incúe un taller tranversal de igualdade.
- Subvencionado.
Cursos ofertados por particulares de duración anual
Impulsar os alugueres, de carácter social, das nosas instalacións e promover así a cultura e creativividade coa finalidade de mellorar a empregabilidade, capacidades ou competencias das e dos habitantes cun modelo de vida activa, responsable e solidaria.
ACTIVIDADE | DÍA | HORARIO | CUSTE | IMPARTE |
TALLER DE COSTURA | Venres | 10 a 12h. | 30 € | Alejandra de la Torre |
BAILES LATINOS | Sábado | 18 a 19.30h. | 15 € | Lini Méndez |
TEATRO INFANTIL | Mércores | 18 a 19.15h. | 20 € | Lana Rodríguez |
TÉCNICAS EN RAFIA | Martes | 17 a 19.00h. | 22 € | Susi Díaz Ageitos |
RESTAURACIÓN |
Luns | 17.30 a 19.00h. | 22€ | Liliana Rey |
Inscríbete
Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia
Esta entidade conta con máis de 330 asociados. Persoas físicas que son maioritariamente veciños e veciñas da parroquia de Mos (Concello de Mos), aínda que moitos socios e socias veñen doutras parroquias do Concello e incluso de Concellos veciños como O Porriño, Ponteareas, Redondela, Vigo, Tui, Moaña,… a realizar algunas das actividades que te propoñemos.
¿Por qué te animamos a facerte socio?
Sendo socio do Círculo formas parte dunha entidade que leva máis de 20 anos ininterrompidos cumprindo os fins contemplados no artigo 5º dos seus estatutos:
a. Proporcionar o maior benestar recreativo e entretemento a tódolos veciños en xeral e ós asociados en particular.
b. Intentar elevar o nivel cultural de tódolos veciños en xeral e dos asociados en particular.
c. Promover o desenvolvemento da parroquia en tódolos aspectos.
A entidade participa activamente na procura dunha mellora e conservación do noso patrimonio cultural e etnográfico. Sendo unha das entidades que financian o mantemento do edificio histórico onde desenvolven case tódalas súas actividades.
¿Quen pode ser socio?
Calquera persoa física maior de idade poderá ser socio/a da entidade sempre que cumpra os seguintes requisitos:
a. Faga a súa solicitude por escrito, aportando debidamente cuberta a folla de inscrición con seus datos persoais e dúas fotografías. Pódese entregar o documento na conserxería ou dixitalizado vía email.
b. Pague a cuota fixada (ao segundo ano sen pagar será dada de baixa).
Condición de Socio
Socios de 18 a 25 anos.
Cuota de alta de socio: 15,00 € (só o primeiro ano)
Cuota anual de socio: 15,00 €
Socios a partir dos 26 anos.
Cuota de alta de socio: 30,00 € (só o primeiro ano)
Cuota anual de socio: 40,00 €
- A condición de socio (unha única cuota) beneficia ó titular así como a súa parella e os seus fillos menores de 18 anos.
- O período de vixencia das mesmas vai dende xullo dun ano ata xullo do seguinte.
- Para as actividades de Gaita, Baile Galego, Coral Polifónica e Playback, posto que son subvencionadas e teñen un custe final de 3 €, é obrigatorio ter a condición de asociado.
- A actividade de Rondalla é de balde para os socios e ten un custe de 15 € para non asociados.
Táboa de Actividades
Relación de actividades para este curso 2019/ 2020:
ACTIVIDADE | PREZO (mensual) | DÍA | HORA | ||
SOCIOS | NON SOCIOS | ||||
Deporte | IOGA | 15 € | 18 € | Martes | 21.00– 22.00 h. |
XIMNASIA DE MANT. (1h./2h. semanas) |
10 €/13 € | 20 €/25 € | Luns e venres | 21:30 – 22:30 h. | |
PILATES (1 h. semanal.) | 19 € | 22 € | Martes | 19:00 – 20:00 h. | |
Mércores | 19:00 – 20:00 h. | ||||
Música, tradición e cultura | CORAL POLIFÓNICA | 3 € | 10 € |
Mércores | 20:30 – 22:00 h. |
ACORDEÓN | 35 € | 40 € | Xoves | 20:00 – 22:00 h. | |
GRUPO DE BAILE GALEGO | 3 € | 10 € |
Mércores | 20:00 – 22:00 h. | |
INICIACIÓN BAILE GALEGO | 6 € | 10 € |
Mércores | 19:15 – 20:00 h. | |
BANDA DE GAITA | 3 € | 10 € |
Venres | 20:00 – 22:30 h. | |
PERCUSIÓN TRADICIONAL
(1 h. semanal) |
10 € | 13 € | Luns | 20:00 – 21:00 h. | |
Martes | 20:00 – 21:00 h. | ||||
21:00 – 22:00 h. | |||||
GAITA INICIACIÓN | 10 € | 13 € | Luns | 20:00 – 21:00 h. | |
RONDALLA | de balde | 15 € menores de 18 e 25 € maiores | Sábados | 20:00 – 22:00 h. | |
Os ensaios da Rondalla comezarán o sábado día 27 de setembro ás 20:00 h. Terán prioridade de inscrición os participantes do ano pasado, despois os socios e por último os resto de interesados. |
|||||
Manualidades e formación | LABORES (sen confirmar) | Venres | 17:30 – 20:30 h. | ||
PINTURA (1h. 30 min. semanais) | 19 € | 22 € | Martes, xoves e venres | 17:30 – 20:30 h. | |
COIRO | 20 € | 23 € | Xoves | 20:00 – 22:00 h. | |
TALLER DE MEMORIA | 16 € | 19 € | Mércores | 10:30 – 11:30 h. | |
PROPOSTA DE NOVAS ACTIVIDADES | |||||
En función do número de interesados, e de acordo con estes, fixaremos os grupos e prezos. | |||||
COCIÑA | Sen confirmar | Venres | 20:00 – 21:30 h. | ||
DEFENSA PERSOAL | Sen confirmar | Xoves | 20:00 – 22:00 h. | ||
INFORMÁTICA | Sen confirmar | Mércores | 10:00 – 11:30 h. |
*Os prezos establécense contando cun grupo mínimo de alumnos. No caso de non cubrir esas prazas, o Círculo despois de chamar a todas as persoas inscritas, resérvase o dereito de cancelar o curso ou modificar o seu prezo.
Anótate (aínda que xa estiveses no curso anterior) antes do 15 de setembro no Pazo de Mos de luns a sábado de 17.00 h. a 21.00 h. ou enviando un correo a circulosantaeulalia@hotmail.com
Comunicacións e circulares
Ademais, para facilitar a tarefa de información e difusión, dende a Xunta Directiva rogámosvos a todos os socios/as que desexedes recibir información por correo electrónico, que nos enviedes un correo co voso nome e apelidos.