Aproveitamentos e espazos do común

É unha realidade que ocupa case a cuarta parte de todo o territorio de Galicia.

Ademais dos aproveitamentos tradicionais do monte, que hoxe xa son moi escasos, a evolución social incorporou novos usos e función, ligadas a unha forte demanta de uso social, ao ser espazos aptos para gran número de actividades lúdicas, que van dende o simple esparcemento, propocionado pola estncia e o paseo e a contemplación da paisaxe para as actividades deportivas, ecolóxicas, etc.

Neste sentido contamos con varias espazos de recreo:

  • Parque Os Baños
  • Área Recreativa Trabazos
  • Parque da Penacova

A parroquia de Mos é unha das dez do municipio do mesmo nome e ocupa unha superficie de 1132,5ha, o 21,15% do municipio. Os seus usos e costumes son variados. A producción principal ou aproveitamentos é a da madeira, que se compatibiliza cos usos tradicionais de pastoreo extensivo para todo tipo de gando, rozas de matogueiras para esquilmes, recollida de leña, etc.

Aproveitamentos forestais

Aínda que cada vez máis escasos os usos pasados, incorporáronse outras posibilidades:

  • Madeiras: A especie principal é o Pinnus pinaster. Tamén moi presente o Eucalyptus globulus. En menor medida o Pinnus radiata e Psedotrsuga menziessi, e considerable a superficie de Castanae sativa micorrizado.
  • Rozas e esquilmes: Coa desaparición do aproveitamento por parte dos veciños, debe terse en conta na defensa contra lume pola cantidade de material conbustibe e épocas de sequía.
  • Caza: Están incluídos como terreos de réxime cinexético común.
  • Mananciais: Teñen dereito a empregar as augas fluviais, estancadas, as que nazan e rezumen ou subterránes.
  • Esparcimento: Con lugares aptos para un gran número de actividades lúdicas.
  • Micoloxía: Creación de rodais ocupados por castiñeiro con aptitude para a producción de cogumelos.

 

Para a recollida de cogumelos e outros será necesaria autorización expresa da Comunidade, que e extende dos meses de outubro a febreiro.

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 50/2014, de 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de corcho, de pastos e micolóxicos en montes o terreos forestais de xestión privada na Comunidad Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.

Artículo 44.2. Os aproveitamentos para consumo propio e os aprovetamentos con fins científicos ou didácticos son libres, excepto que a persona titular regule o acotamento do seu aproveitamento no instrumento de ordenación o xestión forestal ou comunique o acotado deste aprovetamento, en cualquear caso debendo sinalizalo.

Velarase por unha xestión forestal sostible, capaz de cumprir cos esixentes requisitos establecidos polos sistemas internacionales líderes en certificación forestal: FSC e PEFC.

 

En todas as Mans – 2015 from Trespés on Vimeo.