Festa Gastronómica do Codillo
A Festa do Codillo xurde gracias ó afán da primeira xunta directiva do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, por buscar novas ideas para ilusionar a tódolos veciños e ós socios en particular. Queríase facer un evento no que Mos se convertese nun referente.
Este evento chegou o 8 de novembro de 1998 baixo a denominación de I ed. Festa do Codillo, facéndose realidade unha das ideas máis orixinais e importantes que desenvolvería o Círculo. E actualmente é unha festa consolidada que atrae cada ano a milleiros de persoas, converténdose na máis importante destas características.
Cando e onde?
Dende o ano 2009 estableceuse como data fixa para a súa celebración o terceiro domingo de outubro. Nesta edición, como cada ano, o emprazamento da festa será na contorna peonil do Pazo de Mos.
Na Festa do Codillo de Mos podemos saborear polo prezo de 10 euros. Unha receita de codillo de porco ó forno composta por dúas partes de codillo con arroz branco e chícharos, acompañado dunha salsa cun toque picante e servido todo nun prato de porcelana con garfo e coitelo metálicos, servilleta, pan e vaso de viño ou botellín de auga.
Cada ano fai letura do pregón algunha personalidade do mundo da cultura, o deporte ou polo seu compromiso na sociedade. Ademais, nesta edición, a festa se complementa cun mercado de artesanía, gastronomía e produtos da terra e varias actuacións folclóricas que amenizan a xornada.
Sábado
21.30h. O Codillo vai de Guateque
22.00h. 16º concurso de serra de troncos con tronzador de man
22.30h. Magosto Popular
Domingo
10:00 h. Apertura do “Mercado de artesanía, gastronomía e productos da terra”
11:00 h. Comezo da degustación do Codillo, amenizada polos:
* Grupo de Baile Santa Eulalia de Mos
* Banda de Gaitas Airiños do Castelo
* Grupo de intercambio
12:00 h. Pregón
15:30 h. Actuación Grupo folclórico
17.00 h. Xogos
17.15h. Cinema infantil