O Son do Pazo

Aínda que exista ampla oferta no estío, concretamente na primeira fin de semana de setembro,  os membros da organización do Festival Intercéltico O Son do Pazo teñen un compromiso conxunto de tecer a cultura a través de tódolos aspectos da política rural. Coma fío de ouro, contribúen á reputación do municipio, a unha económica sustentable e a calidade da vida local.

O primeiro fin de semana de setembro dase lugar unha das citas mais importantes do panorama folk. O público pode gozar non só de grupos galegos, senón tamén de grupos doutras culturas e pobos Celtas, en Mos, Pontevedra.

  • Xesleio, fai a exposición de instrumentos artesáns e tradicionais galegos.
  • Unha pequena mostra do vestido tradicional galego a cargo de amigos de 4fios.

Un pobo debe dispor dos instrumentos necesarios para que con liberdade, responsabilidade e autonomía poda desenvolver a súa vida cultural.

  • Obradoiros de baile
  • Concurso de relatos cortos
  • Animación infantil

Os premios Mestre Machiño son un recoñecemento público a una figura referente da música galega.

O cartel volve estar á altura das expectativas coa presenza de referentes como Leilía ou Xabier Díaz e a participación da banda irlandesa Back West fará realidade o vello sono dos organizadores de converter ‘O son do Pazo’ nun evento de carácter internacional. Por fin, teremos connosco a unha banda dunha nación irmá, coa que nos sentimos unidos a través da cultura, as tradicións e o son das gaitas.

 

 

Artigo relacionado Presentación Festival Intercéltico O Son do Pazo