Visita guiada, patrimonio compartido

Un acercamento ao feito histórico

Descubre na visita a transición no rural e como o seu desenvolvemento óptimo pasa por outra forma de relacionarse globalmente. Mudou a forma de ver a agricultura, a propiedade, as sociedades rurais e o medio ambiente.

Comunitarismo: valores, vinculacións e consensos

A nosa comunidade ten por obxectivo conseguir un territorio multifuncional, vivo, dinámico, sustentable económicamente para os seus propietarios. Ademais está no proceso de recuperación terreos degradados, e que estarán moi pronto a xerar beneficios para a sociedade no seu conxunto.

Consiste nun pequeno percorrido polas instalacións á cargo da persoa responsable desta área aportando datos para a reinterpretación e usos do patrimonio e a cultura local. Normalmente, a visita se establece baixo reserva. A excepción nos luns, con saída confirmada, sen un mínimo de participantes para este tipo de visitas temáticas.

Recomendación: Elixe o día correcto que non coincida con eventos especiais, e procura sempre reservar.

Condicións da reserva

Para garantir a reserva, nas de grupo, aboaráse o 50% do custe no momento da realización da mesma. En caso de cancelación, por causas de forza maior procederase á devolución do importe.

 

 
  • Saída Confirmada: Os luns ás 18.00h.
  • Duración: 40 minutos
  • Visita semanal: 1,5€ (con desconto de grupos, asociacións, ou colectivos)
  • Visita con degustación (mínimo 15 px.con reserva): 3,5€ por persoa