Se estás buscando un espazo onde a sinxeleza impere e onde compartir cos teus seres queridos tes que saber que aquí, no Pazo de Mos, as esixencias solo as porás ti.

¿Necesitas onde xantar para celebrar a túa efeméride cos teus?

Aquí tamén temos espazo para o túa festa de aniversario, do teu fillo, avó ou avoa,…
Os nosos usuarios e beneficiarios están cada vez máis interesados nos espazos dos que dispoñemos.

Desfruta de espazos totalmente privados para os teus convidados e zonas de xardín para socializar cos nosos beneficiarios e visitantes, recoñecendo así a historia detrás dun pobo vivo e acolledor.

¿Queres casar no Pazo de Mos?

Sabías que … foi a primeira residencia dos Señores de Mos? Alonso de Quirós e María de Soutomaior viñeron tras casar a esta contorna. Foi unha dote de voda do Duque de Soutomaior no 1552, o seu tío. Este marquesado foi un dos máis prósperos do Reino de Galiza. Hoxe un referente esta casa nestes días pola súa intensa actividade cultural.

Calquera que sexa o teu desexo pode converterse nun logro para nós.

Consulta agora cal é a dispoñibilidade.

Un espazo diferenciado

Non atoparás iniciativa local tal na xestión e proxecto desta entidade. Iso si, aconsellámoste velo con tempo, pois teredes que buscar unha data na que non teñamos actividades propias ou reservas de salas para poder alugar o espazo ao completo e ter a vosa exclusividade.

O noso pobo responsable incorporou novos usos e funcións, ligadas a unha forte demanda de uso social, espazos aptos para gran número de actividades e eventos, unha evolución conceptual no que respecta a vida cultural cara o turismo ligado á protección de territorio.

 

Consellos para organizar a súa voda