¿Necesitas onde xantar para celebrar a túa efeméride?

Aquí tamén temos espazo para o teu banquete, festa de aniversario,… e podemos elexir catering.

¿Queres casar no Pazo de Mos?

O Pazo de Mos foi a primeira residencia dos Señores de Mos, Alonso de Quirós e María de Soutomaior, aquí viñeron tras casar, esta contorna foi a dote de voda o Duque de Soutomaior no 1552.

No Xulgado, iniciase o procedemento abrindo un expediente de matrimonio. Nos primeiros días do trámite tes que ir Concello e aí solicitar por rexistro á persoa que queres que oficie a cerimonia coa data (do goberno municipal, oposición ou funcionariado).

A resolución o expediente, nun prazo aproximado de mes e medio ou dous. 

Dende o concello poñense en contacto con vós para entregarvos o que será o guión da cerimonia, e confirmar a continuidade.

  No caso ca túa partida de nacemento non seña deste Concello podería prolongarse máis no tempo a execución do expediente. Estar antentos senón non lle chegarán os papeis ao concello e non poderá facela acta do casamento.

Un inciso, nos matrimonios civís hai dúas “variantes legais”, nas capitulacións:

  • Bens gananciales, son por defecto, en caso de que nos curses ante notario a coñecida…
  • Separación de bens.

Preparativos:

  • Escolle floristería, ou deixanolo a nós.
  • Pásanos as cancións da cerimonia ou o teu estilo e escollemos.
  • Estamos en casa nobre, os invitados serán recibidos unha hora antes.
  • Se queres ideas, hai máis! Contacta e fainos as túas preguntas.

 

Un recordo: “Eu caseime por un ano, por mirar a vida que era, o ano vai acabado, solteiriñ@ quen me dera”