60m² / 645.83ft²
40 Persoas
Espazo accesible
Sábado 20 de xuño · 21.30 h
Pazo de Mos
O Pazo de Mos acollerá unha nova edición de DesfilaMos, unha noite dedicada á moda, á creatividade e á participación social nun entorno patrimonial único.
O evento contará ademais cun carácter solidario en colaboración con MosAxuda. As persoas asistentes poderán colaborar achegando un alimento non perecedoiro.
Reserva a túa praza no formulario de inscrición
O Pazo é un lugar singular, único e local. Símbolo da identidade dun pobo que perduraría até ven entrado o s.XIX. Cun importante movemento veciñal que dinamiza unha contorna con gran demanda cultural.
Como fundación de interese galega, na sección cultura, contribuímos á realización de fins de interese xeral. O derradeiro fin é o desenvolvemento de todo tipo de actividades e eventos turístico-culturais, sociais, empresariais e deportivos.


Coidar das nosas relacións nunca foi tan importante para o benestar. O patrimonio ofrece lugares para gozar en comunidade, e son os vínculos entre as persoas os que realmente xeran riqueza.

A socialización nos espazos abertos ou públicos é esencial para a vida como parte dun modelo sostible. Por iso traballamos nun proxecto coherente, unha proposta concreta para avaliar a capacidade de acollida do territorio.
Relacionarnos require tempo, coidado e lugares que acompañen.
Ofrecemos ambientes onde a comunidade medra, onde o vínculo constrúese de maneira natural, e onde cada encontro pode ter o seu propio significado.

